martes, 15 de octubre de 2019

Identidade dixital






                                      Identidade dixital


Nesta nova entrada, vou falar sobre a identidade dixital como ben indica o título. Cómo me afectou a min, qué pensaba sobre iso, que penso agora...



Cando estudaba primaria, a partir dos 10 anos, as/os profesoras/es intentaban que nos viñera un experto sobre o tema a darnos charlas sobre o perigo que podía supoñer non facer un uso axeitado de internet, expoñendo os noso datos privados. É certo que cando remataban, non o vou a negar, tiña medo. Medo a que (a pesar de que sabía que eu non facía nada malo nin me expoñía en diferentes plataformas) me puida chegar a pasar algo malo.
Creo que case ninguén en esas idades pensa todo o que se pode chegar a facer con una simple opinión ou comentario que fagas a través de internet.



Tanto antes a través do correo electrónico simplemente, ou agora a través das redes sociais e en páxinas onde nos subscribimos, estamos deixando parte de nós, da nosa identidade dixital. 
Cando subimos un "stories" a Instagram, aínda que non saiamos nós, estamos deixando moita información que nos pertence.
Ao conetar o gps nos nosos teléfonos para ver onde estamos, videos, fotos, comentarios, páxinas que visitamos en internet... Moitas veces facémolo sen pensar que nun futuro lonxano ou non tanto, pode perxudicarnos ou tamén beneficiarnos.




Despois de saber algúns aspectos negativos sobre a información que proporcionamos día a día, penso que deberíamos pararnos un pouco máis e evitar que esa información se amplíe.
Dende ben pequenos debemos deixarlle claro aos cativos, que indagar polas redes leva consigo aspectos positivos e negativos, polo que sempre temos que utilizar a cabeza antes de actuar, xa que logo podemos arrepentirnos.

Hoxe en día, teño claro a identidade que quero que se vexa de min a través de intenet, aínda que moitas veces é complicado que todo saia como queremos. 
Botando a vista atrás, penso na cantidade de información que proporcionei por exemplo a través de twiter  e gustaríame borrala, aínda que insisto, que non é ningún delito polo que me culparía toda a vida.

E como din os galegos... "una vez feito, feito está" ao que me refiro que cambiar a huella dixital que deixamos algún día é moi complicado ou case imposible. No momento que subimos calquer tipo de información, por moi inocentes que queiramos ser e o borremos, seguro que alguén o veu e é tarde para que desaparezca de todo.

En difinitiva, debemos sumerxirnos nas redes pensando sempre no que nos pode chegar a pasar, moitas veces pode servirnos de axuda para que se nos coñezan nun futuro ou para destruílo...

Resultado de imagen de piensa luego actua
Deixo aquí un video que quere transmitir: "Si no lo haces en tu vida normal, ¿Por qué a través de internet si?








No hay comentarios:

Publicar un comentario