1) Este primeiro blog, chamado "Rincón de una maestra", paréceme importante porque nel podo aprender e coller ideas de diferentes actividades para realizar con crianzas en distintos momentos do periodo escolar.
A súa estética invita a entrar nel e observar de qué trata.
http://rincondeunamaestra.blogspot.com/
2) Este novo blog inclúe aplicacións para aprender xogando, algo moi importante sobre todos nas idades máis inferiores, onde a principal fonte de aprendizaxe é a través do xogo. Aparece material enfocado a diferentes ámbitos como as vocais, a lectoescritura, numeración...
Nada máis abrir o blog, sorpendeume a imaxe que tiña de portada, diferentes nenos frente a un ordenador. Iso foi o que me chamou a atención para indagar sobre el.
Unha vez dentro, a cantidade de cores que teñen as aplicacións, faino todo moito máis chamativo.
http://laclasedemiren.blogspot.com/p/juegos.html
3) Polo mesmo motivo que o primeiro enlace, escollo esta web, pola variedade de actividades que me pode aportar.
O blog de la "Maestra Laura" recoméndanos por exemplo diferentes lecturas para ler en distintas etapa do desenvolvemento, actividades para tratar durante unha asamblea...
Especialmente gustoume a maneira na que esta persoa ten organizado o seu blog, todo dividido nas diferentes áreas nas que se centra.
http://auladelamaestralaura.blogspot.com/
Symbaloo
Deixo o enlace para poder acceder ao meu symbaloo
Mi symbaloo
No hay comentarios:
Publicar un comentario