martes, 22 de octubre de 2019

Comentario sobre a entrada dunha compañeira

Resultado de imagen de pipi calzaslargas
 Nesta nova entrada, vou aportar a miña opinión sobre unha serie que me gustaba moito, e que a miña compañeira Sonia Piñeiro comentou no seu blog.

Como moitos de nós sabemos, Pipi era unha nena que vivía co seu mono e o seu cabalo.
Igual que a miña compañeira, admiraba que esta nena fora capaz de estar sempre alegre, sen importar o que os demáis pensaran dela. E como a todo/a neno/a desa idade, gustaríanos ter esa vida "salvaxe" en algún momento.
Seguindo polo que nos chamou a atención de forma positiva, coincidimos en que é un exemplo a seguir pola súa personalidade. Matizo iso referíndome a que rompe cos estereotipos de xénero que existen na sociedade. O seu propósito non era ser guapa, boa ou elegante, sinón que quería ser forte e valente.

A opinión que eu lle incluiría son os aspectos negativos ou tristes (por chamalos de algunha maneira) que ten a serie.

Se nos paramos a pensar, é unha nena que vive sen os pais, polo que carece de cariño, de apoio e de alguén en quen apoiarse cando non temos un bo día, aínda que ela facíao nos seus animais.
Tamén carece de algunhas normas ou valores que as familias nos van inculcando dende que nacemos.

 
 Por isto, aínda que cando somos pequenos nos pode dar envexa a vida desta nena, se nos paramos a pensar, seguro que nós tivemos unha infancia máis feliz rodeada de familia e amigos polos que demostrábamos un cariño mutuo.

No hay comentarios:

Publicar un comentario