domingo, 1 de diciembre de 2019

Novas tecnoloxías na educación

O pasado martes 19 de novembro, recibimos en clase unha visita. Tratábase de tres rapazas que estudan no instituto do lado, A Xunqueira II.
Viñan amosarnos un proxecto que crearon sobre texidos electrónicos destinado especialmente a persoas con esclerosis múltiple.

Ensináronnos unha manta que fixeron para que esas persoas que non poden comunicarse verbalmente, poidan facelo usando ese aparello, soamente tocando uns botóns. Cada un vai destinado a unha necesidade segundo o momento no que se atopen, e vendo os pictogramas é aínda máis doado de poder utilizalo.
 
Pareceume unha idea estupenda que se vaian creando proxectos de este tipo para as persoas que teñen algún tipo de necesidade especial non se sintan excluídos ou que entre todos se vaia reducindo esa exclusión que día a día atopamos en moitos lugares. Estou segura de que para todos/as eles/as será moi satisfactorio saber que xente tan nova está pensando en mellorar e innovar para facerllo todo máis doado.

Este tipo de proxectos innovadores que se están a realizar teñen moi presente a robótica,un sistema de enseñanza que permite desenvolverse en ámbitos tecnolóxicos, informáticos, permite traballar a creatividade, a innovación...
Penso que todos/as deberíamos manexar o seu funcionamente porque deste xeito aparte de axudar a moitas persoas como xa dixen antes, estamos potenciando unha nova forma de aprender e á súa vez de ensinar.


Resultado de imagen de robótica educativa






No hay comentarios:

Publicar un comentario