O pasado martes 19 de novembro, recibimos en
clase unha visita. Tratábase de tres rapazas que estudan no instituto do lado,
A Xunqueira II.
Viñan amosarnos un proxecto que crearon sobre texidos electrónicos destinado especialmente a persoas con esclerosis múltiple.
Viñan amosarnos un proxecto que crearon sobre texidos electrónicos destinado especialmente a persoas con esclerosis múltiple.
Ensináronnos unha manta que fixeron para que
esas persoas que non poden comunicarse verbalmente, poidan facelo usando ese
aparello, soamente tocando uns botóns. Cada un vai destinado a unha necesidade
segundo o momento no que se atopen, e vendo os pictogramas é aínda máis doado
de poder utilizalo.
Pareceume unha idea estupenda que se vaian
creando proxectos de este tipo para as persoas que teñen algún tipo de necesidade
especial non se sintan excluídos ou que entre todos se vaia reducindo esa
exclusión que día a día atopamos en moitos lugares. Estou segura de que para
todos/as eles/as será moi satisfactorio saber que xente tan nova está pensando
en mellorar e innovar para facerllo todo máis doado.
Este tipo de proxectos innovadores que se están a realizar teñen moi presente a robótica,un sistema de enseñanza que permite desenvolverse en ámbitos tecnolóxicos, informáticos, permite traballar a creatividade, a innovación...
Penso que todos/as deberíamos manexar o seu funcionamente porque deste xeito aparte de axudar a moitas persoas como xa dixen antes, estamos potenciando unha nova forma de aprender e á súa vez de ensinar.